Un día fai xa moitos anos xunto coa natureza descubrín, a pintura...a miña primeira paixón.
Tras anos dedicada a ela, xa de muller, descubrín o barro...toda a miña forza. Neste terreo empecei modelando, realizando traballos a man, experimentando con pastas e esmaltes.
Un bo día caín na conta de que me faltaba por dominar unha ferramenta fundamental para un ceramista de oficio, o torno...o meu gran reto. Dediqueille moitas, moitas horas de entusiasmo.
A miña historia é o meu traballo.